miércoles, 13 de marzo de 2013
Solucións do boletín de repaso dos temas 13 e 14 (enerxía, luz e son)
Como o prometido é débeda, aquí deixo as solucións aos exercicios do boletín para que vos axuden de cara a preparación do examen de mañán.
lunes, 11 de marzo de 2013
DIAPOSITIVAS PARA TRABALLAR NA CLASE/CASA
Como algún tivo problemas indícovoos que os exercicios que tendes que facer son os das seguintes diapositivas:
- Diapositiva 12: Tendes que ver o vídeo e ler a páxina 206 do libro e contestar ás preguntas que alí se indican.
-Diapositiva 13: Definir os fenómenos de "atenuación" e "amortecemento".
- Diapositiva 15: ver o vídeo e a animación e indicar as partes do oído e resumir brevemente como funciona este sentido.
- Diapositiva 29: Identificar as partes do ollo, describir brevemente o seu funcionamento e resumir o funcionamento do sentido da vista.
domingo, 10 de marzo de 2013
O mundo de Beakman: o son e o noso "teléfono"
Se queredes repasar algunhas das nocións básicas sobre o son podedes ver os primeiros 8 minutos deste vídeo onde Beakman nos amosa de xeito divertido algunhas das características máis sinaladas do son. Ademais, hacia o minuto 6:18, contrúen un teléfono moi similar ao que nós mesmos fixemos e explica de xeito moi claro o seu funcionamento.
miércoles, 6 de marzo de 2013
Vídeo sobre o son, o oído, a vista e as cores
Aínda que aparecen na presentación da entrada anterior, por si tendes algún problema para seguir os enlaces, aquí vos deixo os vídeos cos que estivestes a traballar na aula de informática:
- O son. Qué é o son? Cáles son as características que o definen? Qué sons somos quen de escoitar? Cómo funciona o noso oído? Cales son as súas partes? Todas estas preguntas reciben resposta no seguinte vídeo:
- O ollo e o sentido da vista. Queres saber como funciona o noso sentido da vista e cáles son as partes que constitúen os nosos ollos? Pois non tes máis que ver o seguinte vídeo:
- Cómo vemos as cores? O mundo que nos rodea está cheo de cores diferentes, pero por qué vemos a herba verde e o ceo azul? Sempre respondemos sen dubidar: porque a herba absorbe tódalas frecuencias salvo a correspondente a cor verde. Aínda que é certo, isto non nos serve para explicar por qué se mesturamos dúas cores vemos outra diferente, polo que realmente o proceso é algo máis complexo. Pero non vos preocupedes, neste vídeo enténdese perfectamente!
Presentación do tema 14: A luz e o son
Chic@s,
Aquí vos poño a presentación coa que estivemos a traballar na clase o tema da luz e do son que estou segura de que, xunto co libro, vos servirá de gran axuda de cara a preparación do exame.
Aquí vos poño a presentación coa que estivemos a traballar na clase o tema da luz e do son que estou segura de que, xunto co libro, vos servirá de gran axuda de cara a preparación do exame.
Vídeos sobre calor e temperatura
Aquí vos deixo os vídeos cos que estivemos a traballar na clase sobre calor e temperatura.
- O Mundo de Beakman: por qué as cousas quentes arrefrían e as fríos aquecen? Con este vídeo poderás achar, de forma moi divertida, a resposta a esta pregunta. Fíxate na diferencia que hai entre un líquido frío e outro quente a nivel molecular e como se acada o equilibrio térmico.(Non fai falla que o vexas completo, soamente ata o min 7:18)
- Calor vs temperatura. Neste vídeo explícase claramente cal é a diferencia entre estes dous conceptos que a miúdo (e de forma errónea!!) empregamos indistintamente.Na clase soamente vos puxen a partir do min. 3:29, pero o podedes ver completo, pois na parte inicial tamén explica dun xeito moi visual o proceso de equilibrio térmico.
- Calor e traballo mecánico: o experimento de Joule. Joule estaba a estudar os motores e decatouse de que estes, ao facer un traballo mecánico, quentábanse, polo que decidiu facer un experimento para comprobar a relación entre o traballo mecánico e a transferencia de calor. Aparece explicado no vídeo a partir do min. 5:34, pero seguro que o entendedes mellor se o vedes completo.
A montaña rusa e a conservación da enerxía
Rapaces,
Aquí vos deixo un pdf onde se amosa unha animación sobre unha montaña rusa na que podedes comprobar como en todo momento a enerxía mecánica consérvase. Qué é o que acontece? Moi sinxelo: a enerxía potencial transfórmase en cinética e viceversa! Xa sabedes que a medida que descende o vagón perde altura (é dicir, perde enerxía potencial, Ep) pero gaña velocidade (aumenta a súa enerxía cinética(Ec). E, ó contrario, ao subir, gaña altura e perde velocidade (gaña Ep e perde Ec). Ademais, na última páxina aparece un exercicio moi sinxelo para aclararche algúns conceptos.
Aquí vos deixo un pdf onde se amosa unha animación sobre unha montaña rusa na que podedes comprobar como en todo momento a enerxía mecánica consérvase. Qué é o que acontece? Moi sinxelo: a enerxía potencial transfórmase en cinética e viceversa! Xa sabedes que a medida que descende o vagón perde altura (é dicir, perde enerxía potencial, Ep) pero gaña velocidade (aumenta a súa enerxía cinética(Ec). E, ó contrario, ao subir, gaña altura e perde velocidade (gaña Ep e perde Ec). Ademais, na última páxina aparece un exercicio moi sinxelo para aclararche algúns conceptos.
Equilibrio térmico
Se despois das explicacións de clase aínda tes algunha dúbida sobre o equilibrio térmico, quizais a túa mente aclararase se entras na seguinte web:
Recursos interactivos sobre o movemento
Non vos acabades de aclarar coas gráficas de espazo-tempo? Aínda non entendedes ben como convertir os Newtons en kilopondios e viceversa? Necesitades máis problemas sobre cálculos de velocidade, tempo e espacio percorrido?...Non vos preocupedes! Aquí vos deixo un pdf cunha recopilación de direccións web que vos servirán de moita axuda.
Experimentos sobre a aceleración
No laboratorio estivemos a facer diferentes experimentos para tratar de determina-lo valor da aceleración da gravidade e, ademais, tratamos de demostrar o principio de Arquímedes. Aquí vos deixo os guións de ditos experimentos, para que poidades consultalos sempre que queirades.
Vídeo das rochas magmáticas
Aquí vos deixo o vídeo que vimos na clase cando explicamos as rochas magmáticas para que o poidades ver tantas veces como queirades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)