miércoles, 12 de junio de 2013

Actividades interactivas: relación, reproducción e ecosistemas

Chic@s,

Para que repasades de forma entretida para o último control desta materia póñovos un enlace onde vos poderedes descargar as actividades interactivas coas que traballamos na clase. Espero que vos sexan útiles!

sábado, 8 de junio de 2013

Flor e formación de sementes

Buceando na rede atopei algúns exercicios interactivos e animacións que creo que vos poden ser de moita  axuda para que comprendades mellor a reproducción sexual das plantas, así que volas deixo por aquí:

- Animación sobre a formación das sementes:
http://sauce.pntic.mec.es/~csob0003/SM/Plantas_hongos/semilla.html

- Partes da flor: exercicio interactivo.
http://www.educaplus.org/play-55-Partes-de-una-flor.html

jueves, 6 de junio de 2013

Cadeas e redes tróficas

Este é o exercicio co que estivemos traballando na clase. Lémbrovos o que tendes que saber facer:
- Clasificar os seres vivos en productores, consumidores (primarios ou secundarios) e descompoñedores.
- Dar diferentes exemplos de cadeas tróficas (correctamente  escritas)
- Obter a rede trófica máis completa posible do ecosistema onde convivan estas especies (recórdovos que este último apartado tendes que traelo rematado o luns!)


Podedes obter tamén máis información sobre as cadeas alimentarias no seguinte vídeo:


Por último vos deixo outro vídeo onde podemos observar como se produce o tránsito de materia ao longo destas cadeas tróficas, facendo para isto o seguimento do carbono (coñécese como ciclo do carbono):

Conceptos fundamentais sobre os ecosistemas

Chic@s,

Na clase estivemos traballando sobre conceptos básicos acerca dos ecosistemas. Aquí vos poño os exercicios que fixemos na clase. Na primeira páxina debedes unir cada termo coa imaxe que mellor o represente e definilo coas vosas palabras. Na segunda páxina do documento tendes que unir cada ser vivo co biotopo que lle corresponda.