miércoles, 6 de marzo de 2013

A montaña rusa e a conservación da enerxía

Rapaces,

Aquí vos deixo un pdf onde se amosa unha  animación sobre unha montaña rusa na que podedes comprobar como en todo momento a enerxía mecánica consérvase. Qué é o que acontece? Moi sinxelo: a enerxía potencial transfórmase en cinética e viceversa! Xa sabedes que a medida que descende o vagón perde altura (é dicir, perde enerxía potencial, Ep) pero gaña velocidade (aumenta a súa enerxía cinética(Ec). E, ó contrario, ao subir, gaña altura e perde velocidade (gaña Ep e perde Ec). Ademais, na última páxina aparece un exercicio moi sinxelo para aclararche algúns conceptos.



Equilibrio térmico

Se despois das explicacións de clase aínda tes algunha dúbida sobre o equilibrio térmico, quizais a túa mente aclararase se entras na seguinte web:

Boletín de repaso do tema 12: "Un mundo en movemento"



Recursos interactivos sobre o movemento

Non vos acabades de aclarar coas gráficas de espazo-tempo? Aínda non entendedes ben como convertir os Newtons en kilopondios e viceversa? Necesitades máis problemas sobre cálculos de velocidade, tempo e espacio percorrido?...Non vos preocupedes! Aquí vos deixo un pdf cunha recopilación de direccións web que vos servirán de moita axuda.


Experimentos sobre a aceleración

No laboratorio estivemos a facer diferentes experimentos para tratar de determina-lo valor da aceleración da gravidade e, ademais, tratamos de demostrar o principio de Arquímedes. Aquí vos deixo os guións de ditos experimentos, para que poidades consultalos sempre que queirades.



Vídeo das rochas magmáticas

Aquí vos deixo o vídeo que vimos na clase cando explicamos as rochas magmáticas para que o poidades ver tantas veces como queirades.


Boletín repaso do tema 11: as rochas e a súa orixe