jueves, 30 de mayo de 2013
miércoles, 29 de mayo de 2013
Reproducción das plantas
As plantas como seres vivos que son tamén se reproducen, aínda que o proceso é un tanto diferente ao animal. Podedes repasar a reproducción vexetal coas seguintes animacións:.
Reproducción asexual nas plantas
Na seguinte animación resúmese de forma moi sinxela o ciclo biolóxico das anxiospermas:
Reproducción asexual nas plantas
Na seguinte animación resúmese de forma moi sinxela o ciclo biolóxico das anxiospermas:
Reproducción sexual animal
Na clase varios de vós estivestes explicando a reproducción sexual nos animais. Buceando na rede atopei a seguinte animación que me pareceu bastante interesante. Botádelle un vistazo a ver que vos parece
Tamén podedes atopar unha presentación moi básica, aínda que útil para repasar e fixar conceptos na seguinte dirección:
http://www.skoool.es/content/science/how_animals_reproduce/index.html
http://www.skoool.es/content/science/how_animals_reproduce/index.html
Reproducción: a vosa presentación
Este é o resultado final da presentación sobre o tema da reproducción que preparamos e expusemos entre todos na clase.
Se queredes repasar de forma divertida, podedes intentar facelo xogando con "testeando":
http://www.testeando.es/test.asp?idA=15&idT=qyzbxjrn
http://www.testeando.es/test.asp?idA=15&idT=qyzbxjrn
domingo, 26 de mayo de 2013
Vídeo Proxecto Voz Natura
Chic@s,
Este é o vídeo definitivo no que se resume todo o noso proxecto de Voz Natura. Todo un curso de duro traballo resumido nun breve vídeo que amosa o voso gran traballo. Noraboa a todos!
jueves, 23 de mayo de 2013
FESTA DE VOZ NATURA
Como sabedes xa hai data e lugar para a festa de Voz Natura: o 1 de xullo no parque deportivo de Acea de Ama de Culleredo (A Coruña). Se precisades máis información sobre o lugar ou a festa podedes atopala no seguinte enlace:Información sobre a festa de Voz Natura
Se queredes saber como foi a festa do ano pasado podedes consultar as fotos que hai na seguinte páxina:
E por último deixo algúns vídeos de festas dos anos anteriores para que vexades que boa pinta ten a festa e convenzades aos vosos pais para que vos leven e poder desfrutar do día xunto cos vosos compañeiros e coñezades a novos amigos doutros colexios de Galicia. A verdade é que pinta moi, pero que moi ben! ( e por riba tódalas actividades son GRATUITAS!)
jueves, 9 de mayo de 2013
sábado, 4 de mayo de 2013
Quebracabezas: cuestionarios receptores/efectores
O último día de clase fixemos unha actividade colaborativa coñecida como quebracabezas: divididos en grupos cada un de vós tivo que preparar unha parte do tema e despois tiveches que explicarllela aos vosos compañeiros de grupo. Finalmente, para verificar se o intercambio de información foi ou non efectivo paseivos a cada un dos membros do grupo unha pregunta do seguinte cuestionario:
Por si tendes dúbidas, aquí vos poño tamén as solucións ás anteriores cuestións:
Por si tendes dúbidas, aquí vos poño tamén as solucións ás anteriores cuestións:
miércoles, 1 de mayo de 2013
Estímulos e respostas: danzas de cortexo
Como estivemos estudando na clase a función de relación consiste no proceso de elaboración dunha resposta que levan a cabo os seres vivos cando reciben un estímulo, é dicir, información do medio externo ou interno. Esta resposta pode ser moi sinxela (pechar os ollos, coller unha pelota lanzada,...) ou moi complexa. Dentro das respostas complexas falamos na clase das danzas de cortexo que levan a a cabo as aves na época reproductora. Algúns de vós dixestes que nunca virades este tipo de danza e tiñades curiosidade. Así que aquí vos poño unha serie de vídeos de diferentes tipos de paxaros:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)