Como estivemos estudando na clase a función de relación consiste no proceso de elaboración dunha resposta que levan a cabo os seres vivos cando reciben un estímulo, é dicir, información do medio externo ou interno. Esta resposta pode ser moi sinxela (pechar os ollos, coller unha pelota lanzada,...) ou moi complexa. Dentro das respostas complexas falamos na clase das danzas de cortexo que levan a a cabo as aves na época reproductora. Algúns de vós dixestes que nunca virades este tipo de danza e tiñades curiosidade. Así que aquí vos poño unha serie de vídeos de diferentes tipos de paxaros:
No hay comentarios:
Publicar un comentario