Como xa estivemos vendo na clase, durante todos os días da nosa vida estanse a producir ao noso arredor unha morea de cambios: algúns deles son cambios físicos e outros serán químicos. Recorda as diferenzas entre eles:
- Cambio físico: as substancias que experimentan a transformación seguen a ser as mesmas (aínda que poden cambiar de estado)
- Cambio químico: son cambios onde as substancias de partida transfórmanse noutras completamente novas. Nestes casos fálase de reaccións químicas e denomínanse reactivos ás substancias de partida e productos as substancias que se obteñen ó final da reacción.
Atendendo a isto, intenta levar a cabo as seguintes actividades interactivas:
Tamén podedes atopar máis información e máis actividades no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario