Corrección do exercicio 8:
jueves, 13 de junio de 2013
Corrección do boletín de repaso sobre reproducción e relación (temas 3 e 4)
Corrección do exercicio 8:
miércoles, 12 de junio de 2013
Actividades interactivas: relación, reproducción e ecosistemas
Chic@s,
Para que repasades de forma entretida para o último control desta materia póñovos un enlace onde vos poderedes descargar as actividades interactivas coas que traballamos na clase. Espero que vos sexan útiles!
sábado, 8 de junio de 2013
Flor e formación de sementes
Buceando na rede atopei algúns exercicios interactivos e animacións que creo que vos poden ser de moita axuda para que comprendades mellor a reproducción sexual das plantas, así que volas deixo por aquí:
- Animación sobre a formación das sementes:
http://sauce.pntic.mec.es/~csob0003/SM/Plantas_hongos/semilla.html
- Partes da flor: exercicio interactivo.
http://www.educaplus.org/play-55-Partes-de-una-flor.html
- Animación sobre a formación das sementes:
http://sauce.pntic.mec.es/~csob0003/SM/Plantas_hongos/semilla.html
- Partes da flor: exercicio interactivo.
http://www.educaplus.org/play-55-Partes-de-una-flor.html
jueves, 6 de junio de 2013
Cadeas e redes tróficas
Este é o exercicio co que estivemos traballando na clase. Lémbrovos o que tendes que saber facer:
- Clasificar os seres vivos en productores, consumidores (primarios ou secundarios) e descompoñedores.
- Dar diferentes exemplos de cadeas tróficas (correctamente escritas)
- Obter a rede trófica máis completa posible do ecosistema onde convivan estas especies (recórdovos que este último apartado tendes que traelo rematado o luns!)
Por último vos deixo outro vídeo onde podemos observar como se produce o tránsito de materia ao longo destas cadeas tróficas, facendo para isto o seguimento do carbono (coñécese como ciclo do carbono):
- Clasificar os seres vivos en productores, consumidores (primarios ou secundarios) e descompoñedores.
- Dar diferentes exemplos de cadeas tróficas (correctamente escritas)
- Obter a rede trófica máis completa posible do ecosistema onde convivan estas especies (recórdovos que este último apartado tendes que traelo rematado o luns!)
Podedes obter tamén máis información sobre as cadeas alimentarias no seguinte vídeo:
Por último vos deixo outro vídeo onde podemos observar como se produce o tránsito de materia ao longo destas cadeas tróficas, facendo para isto o seguimento do carbono (coñécese como ciclo do carbono):
Conceptos fundamentais sobre os ecosistemas
Chic@s,
Na clase estivemos traballando sobre conceptos básicos acerca dos ecosistemas. Aquí vos poño os exercicios que fixemos na clase. Na primeira páxina debedes unir cada termo coa imaxe que mellor o represente e definilo coas vosas palabras. Na segunda páxina do documento tendes que unir cada ser vivo co biotopo que lle corresponda.
Na clase estivemos traballando sobre conceptos básicos acerca dos ecosistemas. Aquí vos poño os exercicios que fixemos na clase. Na primeira páxina debedes unir cada termo coa imaxe que mellor o represente e definilo coas vosas palabras. Na segunda páxina do documento tendes que unir cada ser vivo co biotopo que lle corresponda.
jueves, 30 de mayo de 2013
miércoles, 29 de mayo de 2013
Reproducción das plantas
As plantas como seres vivos que son tamén se reproducen, aínda que o proceso é un tanto diferente ao animal. Podedes repasar a reproducción vexetal coas seguintes animacións:.
Reproducción asexual nas plantas
Na seguinte animación resúmese de forma moi sinxela o ciclo biolóxico das anxiospermas:
Reproducción asexual nas plantas
Na seguinte animación resúmese de forma moi sinxela o ciclo biolóxico das anxiospermas:
Reproducción sexual animal
Na clase varios de vós estivestes explicando a reproducción sexual nos animais. Buceando na rede atopei a seguinte animación que me pareceu bastante interesante. Botádelle un vistazo a ver que vos parece
Tamén podedes atopar unha presentación moi básica, aínda que útil para repasar e fixar conceptos na seguinte dirección:
http://www.skoool.es/content/science/how_animals_reproduce/index.html
http://www.skoool.es/content/science/how_animals_reproduce/index.html
Reproducción: a vosa presentación
Este é o resultado final da presentación sobre o tema da reproducción que preparamos e expusemos entre todos na clase.
Se queredes repasar de forma divertida, podedes intentar facelo xogando con "testeando":
http://www.testeando.es/test.asp?idA=15&idT=qyzbxjrn
http://www.testeando.es/test.asp?idA=15&idT=qyzbxjrn
domingo, 26 de mayo de 2013
Vídeo Proxecto Voz Natura
Chic@s,
Este é o vídeo definitivo no que se resume todo o noso proxecto de Voz Natura. Todo un curso de duro traballo resumido nun breve vídeo que amosa o voso gran traballo. Noraboa a todos!
jueves, 23 de mayo de 2013
FESTA DE VOZ NATURA
Como sabedes xa hai data e lugar para a festa de Voz Natura: o 1 de xullo no parque deportivo de Acea de Ama de Culleredo (A Coruña). Se precisades máis información sobre o lugar ou a festa podedes atopala no seguinte enlace:Información sobre a festa de Voz Natura
Se queredes saber como foi a festa do ano pasado podedes consultar as fotos que hai na seguinte páxina:
E por último deixo algúns vídeos de festas dos anos anteriores para que vexades que boa pinta ten a festa e convenzades aos vosos pais para que vos leven e poder desfrutar do día xunto cos vosos compañeiros e coñezades a novos amigos doutros colexios de Galicia. A verdade é que pinta moi, pero que moi ben! ( e por riba tódalas actividades son GRATUITAS!)
jueves, 9 de mayo de 2013
sábado, 4 de mayo de 2013
Quebracabezas: cuestionarios receptores/efectores
O último día de clase fixemos unha actividade colaborativa coñecida como quebracabezas: divididos en grupos cada un de vós tivo que preparar unha parte do tema e despois tiveches que explicarllela aos vosos compañeiros de grupo. Finalmente, para verificar se o intercambio de información foi ou non efectivo paseivos a cada un dos membros do grupo unha pregunta do seguinte cuestionario:
Por si tendes dúbidas, aquí vos poño tamén as solucións ás anteriores cuestións:
Por si tendes dúbidas, aquí vos poño tamén as solucións ás anteriores cuestións:
miércoles, 1 de mayo de 2013
Estímulos e respostas: danzas de cortexo
Como estivemos estudando na clase a función de relación consiste no proceso de elaboración dunha resposta que levan a cabo os seres vivos cando reciben un estímulo, é dicir, información do medio externo ou interno. Esta resposta pode ser moi sinxela (pechar os ollos, coller unha pelota lanzada,...) ou moi complexa. Dentro das respostas complexas falamos na clase das danzas de cortexo que levan a a cabo as aves na época reproductora. Algúns de vós dixestes que nunca virades este tipo de danza e tiñades curiosidade. Así que aquí vos poño unha serie de vídeos de diferentes tipos de paxaros:
jueves, 25 de abril de 2013
Qué "comen" as plantas? Por onde? Qué fan con ese alimento? ...Quizais o seguinte vídeo axúdarache a atopar as respostas...
Cómo se pode demostrar que a auga absorbida polas raíces ascende ata as follas a través do talo? Pásache polo miolo algún experimento sinxelo? Se tras un rato de reflexión aínda non se che acendeu unha idea, aquí póñoche o seguinte vídeo:
miércoles, 24 de abril de 2013
Respiración celular vs fotosíntese
Para que repasedes o exercicio que fixemos na pizarra dixital, aquí vos poño a compartiva entre respiración celular e fotosíntese. Es quen de cubrir os ocos dos recadros?
sábado, 20 de abril de 2013
A botella que respira: modelo de pulmón
En clase vos pedín que investigarades como podiamos obter un modelo de pulmón empregando unha botella, globos, palliñas, plastilina e cinta illante. Algúns de vós destes rápidamente coa resposta e xa sabedes que o luns todos debedes levar os vosos modelos a clase. Por se algún de vós aínda ten dúbidas de como facelo aquí pos deixo o enlace dunha web onde o explica claramente e que ademais inclúe unhas curiosidades moi interesantes. Tamén vos poño un vídeo para os que prefirades unha explicación máis visual.
- Páxina web: A botella que respira
- Vídeo:
- Páxina web: A botella que respira
- Vídeo:
domingo, 14 de abril de 2013
Órganos excretores
Case a totalidade dos animais presentan un sistema excretor para poder eliminar os seus productos de refugallo. Sen embargo, os diferentes tipos de animais presentan distitintos órganos excretores, pese a que a función de todos eles son prácticamente a mesma. Aquí vos poño algunhas imaxes destes órganos:
- Nefridios (anélidos como as miñocas)
- Glándula verde (en crustáceos como as gambas, cangrexos, nécoras...)
- Tubos de Malpighi (en insectos como moscas, saltóns, xoaniñas...)
- Riñóns (en vertebrados)
Partes e funcionamento do corazón dos mamíferos e aves
En el corazón de las aves y de los mamíferos existen cuatro cámaras: aurículas derecha e izquierda y ventrículos derecho e izquierdo. A la aurícula derecha le llega la sangre sucia por las venas cavas procedente de todo el cuerpo. Esta sangre sucia pasa al ventrículo derecho y de ahí por las arterias pulmonares va hacia los pulmones, donde se limpia. La sangre limpia, llena de oxígeno, regresa al corazón por las venas pulmonares y entra en él por la aurícula izquierda. Pasa limpia al ventrículo izquierdo y de ahí sale con mucha fuerza por la arteria aorta para repartirse por todo el organismo.
Sistema circulatorio e excretor
Aquí os pongo el enlace a la web porque no funciona el hipervínculo en la presentación:
http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/2ESO/Funcseres/contenido2.htm
miércoles, 10 de abril de 2013
sábado, 6 de abril de 2013
Amoniaco + lejía = ¡¡mala idea!!
Es algo común haber escuchado a un madre, tía o abuelo
decirnos que ni se nos ocurra mezclar lejía con amoniaco, pero rara vez te
dirán el motivo, y cuando te lo digan seguramente te digan que es porque huele
muy mal o porque es tóxico (está es la más acertada).
Normalmente esto ha ocurrido, o se te ha podido ocurrir a ti
debido a que ambos son productos de limpieza, y al no saber cual usar, o pensar
que ambos juntos irían mejor has querido probar. Desde Atrévete no se
recomienda que lo pruebes, y te lo explicamos.
¿Pero qué ocurre realmente?
El amoniaco está compuesto por H y N, siendo su fórmula NH3.
Por su parte la lejía está compuesta de Na, Cl y O. La lejía es hipoclorito de
sodio (NaClO). Cuando se mezclan ambos ocurre la siguiente reacción:
NH3 (aq) + NaClO --> NH2Cl
+ NaOH
Como producto de reacción se obtiene el gas cloroamina (NH2Cl). Este gas, al inhalarlo y
mezclarse con agua (agua de la saliva, humedad de la garganta...) se descompone
y origina ácido clorhídrico y radicales libres. El ácido clorhídrico además de
toxico es altamente corrosivo y crea graves quemaduras en la piel y mucosas. La
presencia de radicales libres da lugar a destrucción de células y en altas
cantidades son fuente de procesos cancerígenos.
Así, por ejemplo, una concentración
ambiental de 3-6 ppm (miligramos en un litro) de cloramina produce un síndrome
irritativo: lagrimeo, escozor en los ojos y nariz, dolor de garganta producido
por irritación del esófago, tos irritativa, opresión en tórax, toser sangre,
dolores de cabeza y sensación de falta de aire. En exposiciones prolongadas
tiene efecto corrosivo sobre los dientes.
Una intoxicación grave por
cloramina produce edema pulmonar tras un período de latencia de horas, con
insuficiencia respiratoria aguda grave, pudiendo producir la muerte.
Por lo que nunca se os ocurra
mezclar amoniaco y lejía, corréis grave peligro (y no es broma, ni una
exageración).
Compostaxe
Grazas á construcción da nosa compostadora xa somos todos uns expertos na materia, pero de todas formas déixovos esta infografía que atopei sobre o tema, que de seguro que vos dá algunha información que non coñeciades ou que esqueciches.
Aforro de auga: infografías
Queres saber cómo podes aforrar auga no teu baño ou cociña? Sumérxete nestas dúas infografías para descrubrilo!
Casas sostibles e xeosolares
Neste proxecto estámonos a concienciar do importantísimo que é aforrar enerxía. O noso obxectivo é conseguir que tanto as nosas casas como o noso colexio sexan sostibles. Porque tanto o noso planeta como o noso bolsillo agraderannos o esforzo.
Pinchade aquí para ver esta interesante infografía sobre as medidas ecolóxicas que podemos levar a cabo nos nosos fogares:
E por último se pinchades nesta infografía podedes ver o último en instalación de enerxías renovables nos fogares: as casas xeosolares que combinan o uso da enerxía solar e xeotérmicas para autoabastecerse enerxéticamente.
Pinchade aquí para ver esta interesante infografía sobre as medidas ecolóxicas que podemos levar a cabo nos nosos fogares:
Enerxías renovables
Aquí vos deixo novas infografías, pero esta vez sobre as distintas formas de enerxías non renovables, para que repasedes o moito que xa sabedes sobre elas.
- Enerxía maremotriz:
- Enerxía eólica:
- Enerxía solar:
- Enerxía hidráulica:
- Enerxía de biomasa:
- Enerxía maremotriz:
- Enerxía eólica:
- Enerxía geotermal:
Enerxías non renovables
Aquí vos deixo unha serie de infografías que creo que vos resultarán moi útiles para repasar os diferentes tipos de fontes de enerxía non renovables. Son moi sinxelas de entender, están moi ben explicadas e vos axudarán a aprender sen case darvos de conta!
- O petróleo:
- O carbón
- Gas natural
- Enerxía nuclear
martes, 2 de abril de 2013
lunes, 1 de abril de 2013
¿Cambios físicos ou químicos?
Como xa estivemos vendo na clase, durante todos os días da nosa vida estanse a producir ao noso arredor unha morea de cambios: algúns deles son cambios físicos e outros serán químicos. Recorda as diferenzas entre eles:
- Cambio físico: as substancias que experimentan a transformación seguen a ser as mesmas (aínda que poden cambiar de estado)
- Cambio químico: son cambios onde as substancias de partida transfórmanse noutras completamente novas. Nestes casos fálase de reaccións químicas e denomínanse reactivos ás substancias de partida e productos as substancias que se obteñen ó final da reacción.
Atendendo a isto, intenta levar a cabo as seguintes actividades interactivas:
Tamén podedes atopar máis información e máis actividades no seguinte enlace:
Empregando reaccións exotérmicas
Observa no seguinte vídeo como se pode obter hidróxeno, poderoso combustible, empregando a enerxía eléctrica nunha reacción exotérmica:
Axustando reaccións químicas
¿Tes problemas para axustar reaccións químicas? Non te preocupes, bota un vistazo ás seguintes páxinas web e verás como te serven de axuda:
Para saber máis: Reaccións químicas e experimentos
En el siguiente enlace aparecen diversos experimentos donde la química entra en acción: http://www.chemforlife.org/
Trabajo para Semana Santa
Chic@s,
Por si alguien lo ha perdido o no ha venido a clase el último día os cuelgo los dos ejercicios que teníais que preparar durante Semana Santa.
Por si alguien lo ha perdido o no ha venido a clase el último día os cuelgo los dos ejercicios que teníais que preparar durante Semana Santa.
miércoles, 13 de marzo de 2013
Solucións do boletín de repaso dos temas 13 e 14 (enerxía, luz e son)
Como o prometido é débeda, aquí deixo as solucións aos exercicios do boletín para que vos axuden de cara a preparación do examen de mañán.
lunes, 11 de marzo de 2013
DIAPOSITIVAS PARA TRABALLAR NA CLASE/CASA
Como algún tivo problemas indícovoos que os exercicios que tendes que facer son os das seguintes diapositivas:
- Diapositiva 12: Tendes que ver o vídeo e ler a páxina 206 do libro e contestar ás preguntas que alí se indican.
-Diapositiva 13: Definir os fenómenos de "atenuación" e "amortecemento".
- Diapositiva 15: ver o vídeo e a animación e indicar as partes do oído e resumir brevemente como funciona este sentido.
- Diapositiva 29: Identificar as partes do ollo, describir brevemente o seu funcionamento e resumir o funcionamento do sentido da vista.
domingo, 10 de marzo de 2013
O mundo de Beakman: o son e o noso "teléfono"
Se queredes repasar algunhas das nocións básicas sobre o son podedes ver os primeiros 8 minutos deste vídeo onde Beakman nos amosa de xeito divertido algunhas das características máis sinaladas do son. Ademais, hacia o minuto 6:18, contrúen un teléfono moi similar ao que nós mesmos fixemos e explica de xeito moi claro o seu funcionamento.
miércoles, 6 de marzo de 2013
Vídeo sobre o son, o oído, a vista e as cores
Aínda que aparecen na presentación da entrada anterior, por si tendes algún problema para seguir os enlaces, aquí vos deixo os vídeos cos que estivestes a traballar na aula de informática:
- O son. Qué é o son? Cáles son as características que o definen? Qué sons somos quen de escoitar? Cómo funciona o noso oído? Cales son as súas partes? Todas estas preguntas reciben resposta no seguinte vídeo:
- O ollo e o sentido da vista. Queres saber como funciona o noso sentido da vista e cáles son as partes que constitúen os nosos ollos? Pois non tes máis que ver o seguinte vídeo:
- Cómo vemos as cores? O mundo que nos rodea está cheo de cores diferentes, pero por qué vemos a herba verde e o ceo azul? Sempre respondemos sen dubidar: porque a herba absorbe tódalas frecuencias salvo a correspondente a cor verde. Aínda que é certo, isto non nos serve para explicar por qué se mesturamos dúas cores vemos outra diferente, polo que realmente o proceso é algo máis complexo. Pero non vos preocupedes, neste vídeo enténdese perfectamente!
Presentación do tema 14: A luz e o son
Chic@s,
Aquí vos poño a presentación coa que estivemos a traballar na clase o tema da luz e do son que estou segura de que, xunto co libro, vos servirá de gran axuda de cara a preparación do exame.
Aquí vos poño a presentación coa que estivemos a traballar na clase o tema da luz e do son que estou segura de que, xunto co libro, vos servirá de gran axuda de cara a preparación do exame.
Vídeos sobre calor e temperatura
Aquí vos deixo os vídeos cos que estivemos a traballar na clase sobre calor e temperatura.
- O Mundo de Beakman: por qué as cousas quentes arrefrían e as fríos aquecen? Con este vídeo poderás achar, de forma moi divertida, a resposta a esta pregunta. Fíxate na diferencia que hai entre un líquido frío e outro quente a nivel molecular e como se acada o equilibrio térmico.(Non fai falla que o vexas completo, soamente ata o min 7:18)
- Calor vs temperatura. Neste vídeo explícase claramente cal é a diferencia entre estes dous conceptos que a miúdo (e de forma errónea!!) empregamos indistintamente.Na clase soamente vos puxen a partir do min. 3:29, pero o podedes ver completo, pois na parte inicial tamén explica dun xeito moi visual o proceso de equilibrio térmico.
- Calor e traballo mecánico: o experimento de Joule. Joule estaba a estudar os motores e decatouse de que estes, ao facer un traballo mecánico, quentábanse, polo que decidiu facer un experimento para comprobar a relación entre o traballo mecánico e a transferencia de calor. Aparece explicado no vídeo a partir do min. 5:34, pero seguro que o entendedes mellor se o vedes completo.
A montaña rusa e a conservación da enerxía
Rapaces,
Aquí vos deixo un pdf onde se amosa unha animación sobre unha montaña rusa na que podedes comprobar como en todo momento a enerxía mecánica consérvase. Qué é o que acontece? Moi sinxelo: a enerxía potencial transfórmase en cinética e viceversa! Xa sabedes que a medida que descende o vagón perde altura (é dicir, perde enerxía potencial, Ep) pero gaña velocidade (aumenta a súa enerxía cinética(Ec). E, ó contrario, ao subir, gaña altura e perde velocidade (gaña Ep e perde Ec). Ademais, na última páxina aparece un exercicio moi sinxelo para aclararche algúns conceptos.
Aquí vos deixo un pdf onde se amosa unha animación sobre unha montaña rusa na que podedes comprobar como en todo momento a enerxía mecánica consérvase. Qué é o que acontece? Moi sinxelo: a enerxía potencial transfórmase en cinética e viceversa! Xa sabedes que a medida que descende o vagón perde altura (é dicir, perde enerxía potencial, Ep) pero gaña velocidade (aumenta a súa enerxía cinética(Ec). E, ó contrario, ao subir, gaña altura e perde velocidade (gaña Ep e perde Ec). Ademais, na última páxina aparece un exercicio moi sinxelo para aclararche algúns conceptos.
Equilibrio térmico
Se despois das explicacións de clase aínda tes algunha dúbida sobre o equilibrio térmico, quizais a túa mente aclararase se entras na seguinte web:
Recursos interactivos sobre o movemento
Non vos acabades de aclarar coas gráficas de espazo-tempo? Aínda non entendedes ben como convertir os Newtons en kilopondios e viceversa? Necesitades máis problemas sobre cálculos de velocidade, tempo e espacio percorrido?...Non vos preocupedes! Aquí vos deixo un pdf cunha recopilación de direccións web que vos servirán de moita axuda.
Experimentos sobre a aceleración
No laboratorio estivemos a facer diferentes experimentos para tratar de determina-lo valor da aceleración da gravidade e, ademais, tratamos de demostrar o principio de Arquímedes. Aquí vos deixo os guións de ditos experimentos, para que poidades consultalos sempre que queirades.
Vídeo das rochas magmáticas
Aquí vos deixo o vídeo que vimos na clase cando explicamos as rochas magmáticas para que o poidades ver tantas veces como queirades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)